Aviso legal

– DATOS DA ORGANIZACIÓN
En cumprimento do artigo 10 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico, ANOVA IRMANDADE NACIONALISTA infórmalle que os seus datos indentificativos son os seguintes:

Denominación social: ANOVA IRMANDADE NACIONALISTA
C.I.F.: G27782770
Domicilio social: RÚA GALERAS 17 – 2 ANDAR , PORTA 2 15705 – SANTIAGO DE COMPOSTELA (A CORUÑA)
Teléfono: 981563868
Correo electrónico a efectos de comunicación: organizacion@anova.gal

Delegado de Protección de Datos: Prodasva Consultoría y Gestión, S.L. Teléfono: 984283532. Enderezo electrónico: delegadoprotecciondatos@prodasva.org.
Tódalas notificacións e comunicacións entre os usuarios e ANOVA IRMANDADE NACIONALISTA consideraranse eficaces, para tódolos efectos, cando se realicen a través de correo postal ou calquera outro medio dos detallados anteriormente.

– CONDICIÓNS DE ACCESO E UTILIZACIÓN
O presente aviso legal regula o uso do sitio web www.anova.gal (en diante, A WEB), do que é titular ANOVA IRMANDADE NACIONALISTA.
A navegación pola web de ANOVA IRMANDADE NACIONALISTA atribúe a condición de usuario/a da mesma e implica a aceptación plena e sen reservas de todas e cada unha das disposicións incluídas neste Aviso Legal, que poden sufrir modificacións.
O sitio web e os seus servizos son de acceso libre e gratuíto, con todo, ANOVA IRMANDADE NACIONALISTA condiciona a utilización dalgúns dos servizos ofrecidos na súa web a que se cubra o correspondente formulario con carácter previo.
Tódolos contidos do sitio web, como textos, fotografías, gráficos, imaxes, iconas, tecnoloxía, software, así como o seu deseño e códigos fonte, constitúen unha obra cuxa propiedade pertence a ANOVA IRMANDADE NACIONALISTA, sen que poidan entenderse cedidos ao usuario/a ningún dos dereitos de explotación sobre os mesmos máis aló do estritamente necesario para o correcto uso da web.
O/A usuario/a garante a autenticidade e actualidade de todos aqueles datos que comunique a ANOVA IRMANDADE NACIONALISTA e será o único responsable das manifestacións falsas ou inexactas que realice. O/A usuario/a obrígase a facer un uso correcto do sitio web de conformidade coas leis, a boa fe, a orde pública, os usos do tráfico e o presente Aviso Legal. O/A usuario/a responderá fronte a ANOVA IRMANDADE NACIONALISTA ou frote a terceiros, dos danos e prexuízos que puidesen causarse como consecuencia do incumprimento da devandita obriga.

– POLÍTICA DE LIGAZÓNS E EXENCIÓNS DE RESPONSABILIDADES
ANOVA IRMANDADE NACIONALISTA non se fai responsable do contido das páxinas web ás que a persoa usuaria poida acceder a través das ligazóns establecidas na WEB e declara que en ningún caso procederá a examinar ou exercitar ningún tipo de control sobre o contido doutras páxinas da rede. Así mesmo, tampouco garantirá a dispoñibilidade técnica, exactitude, veracidade, validez ou legalidade de páxinas alleas á súa propiedade ás que se poida acceder por medio de ligazóns.

ANOVA IRMANDADE NACIONALISTA declara adoptar todas as medidas necesarias para evitar calquera dano ou danos que, aos usuarios e usuarias da WEB, puidesen derivarse da navegación pola mesma. En consecuencia, ANOVA IRMANDADE NACIONALISTA non se fai responsable, en ningún caso, dos eventuais danos que pola navegación por Internet puidese sufrir a persoa usuaria.

– USO DE COOKIES E DATOS ESTATÍSTICOS
Esta páxina web pode recoller datos dos seus visitantes por medio do uso de cookies. Consultar a política de cookies, no seu caso.
A persoa usuaria ten a posibilidade de configurar o seu navegador de xeito que se lle informe da recepción de cookies, podendo, se así o desexa, impedir que sexan instaladas no seu disco duro.
A AEPD considera que os partidos políticos non son prestadores de servizos da sociedade da información, xa que as súas páxinas web non forman parte dunha actividade económica no sentido do apartado a) do anexo da LSSI. Por tanto, non han de cumprir nin coa Lei de Cookies nin con ningún outro precepto da LSSI, sen prexuízo do disposto nela en relación con outras normas. Resolución (E/04745/2015).

– PROTECCIÓN DE DATOS
No caso de que na web se recollan datos de carácter persoal, para máis información consultar a política de privacidade.